ENCONTRO
"Centros e Servizos de Atención Temperá"
10 DE SETEMBRO 2016
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Salón de Actos da (EGAP) Escola Galega de Administración Pública
Mellorar a calidade dos servizos - Revisar procedementos - Dignificar o exercicio profesional
O sábado 10 de setembro celebrouse en Santiago o Encontro de "Centros e Servizos de Atención Temperá". Uns 50 profesionais adicados ao trabajo con nenos e nenas con dificultades, de 0 a 6 anos participaron no evento.
Inaugurou o encontro a Presidenta da AGAT, Teresa Busto, acompañada polo Vicepresidente da FEGAMP, Manuel Mirás.
A Presidente da AGAT e o Vicepresidente da FEGAMP |
A atención das persoas participantes no "Encontro de AT" |
Teresa Busto e Manuel Mirás |
A continuación Miguel Ángel Rupert, xerente da UCCAP-ACAP (Unión Catalana de Centros de Atención Precoz-Asociación Catalana de Atención Precoz) expuxo o modelo de organización da Atención Temperá en Cataluña.
Miguel Ángel Rupert presentado por Ana Fernández Blanco, vocal da AGAT |
Miguel Ángel Rupert |
Despois do café interviron as relatoras Elvira Martínez, da UAI de Avilés, Pilar López Pisón, do CDIAT El Portillo-Delicias de Zaragoza e Julia Molinuevo, do CAT Asprodico de Madrid, comentando as súas experiencias e o funcionamento dos Servizos de AT en Asturias, Aragón e na comunidade de Madrid, respectivamente.
De esquerda a dereita, Pilar López Pisón, Elvira Martínez e Julia Molinuevo |
Presentación das relatoras pola vocal da AGAT, Patricia Míguez |
As ponencias versaron sobre como mellorar a calidade dos servizos de Atención Temperá, revisións dos procedementos utilizados e disertouse sobre como dignificar o exercicio profesional.
A pregunta era "Que podemos cambiar? Hai algo que cambiar?"
Cada exposición foi seguida por un coloquio no que participaron as persoas asistentes ao encontro.
Para rematar, presentouse a memoria do traballo realizado polas UDIAFs (Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio ás Familias) de Galicia (Deza, Salnés e Bergantiños).
Jaime Ponte e Gema Martínez |
Jaime Ponte, coordinador das UDIAFs abriu a ponencia e Gema Martínez, coordinadora da UDIAF do Salnés, primeira en crearse, rematou a charla expoñendo os resultados obtidos nos últimos 6 anos.
A coordinadora da UDIAF do Salnés e o coordinador das UDIAFs |
Agradecemento de Gema Martínez a Jaime Ponte, polas UDIAFs |
No hay comentarios:
Publicar un comentario