sábado, 17 de septiembre de 2016

Curso de formación "O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA"

                                                                                                                CURSO DE FORMACIÓN 
O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA”

Unha mirada dende a Atención Temperá
Nos últimos anos a mortalidade perinatal diminuíu de forma espectacular pola maioría dos coidados obstétricos e neonatais. Esta diminución da mortalidade neonatal condiciona un incremento progresivo da poboación de risco. É por iso necesario que os centros que asisten a recén nacidos de risco dispoñan de programas específicos  cuxo obxectivo fundamental sexa detectar e tratar precozmente as problemáticas que podan xurdir e que garanticen un asesoramento familiar que potencie o benestar dos nosos recén nacidos.
Formulamos nesta xornada como a atención á familia e á contorna que rodean ó neonato. Actuacións dende a Atención temperá; resaltamos a importancia de capacitar ás familias para afrontar e adaptarse ás necesidades e condicións que van xurdindo nesta contorna; presentamos un modelo onde os pais e nais son participantes activos no proceso de intervención; buscamos a coordinación entre as e os profesionais e os servizos que atenden ao neonato promovendo a interdisciplinariedade e a transdisciplinariedade cuxo obxectivo común sempre será o benestar do neonato e da súa familia.


OBXECTIVOS:
  • Aportar unha experiencia interdisciplinaria e transdisciplinaria da abordaxe integral das nenas e nenos prematuros e das súas familias.
  • Dar a coñecer a primeira contorna externa onde se desenvolve o neonato e como esta contorna se pode optimizar para favorecer o desenvolvemento do bebé e da súa familia.
  • Expoñer ferramentas e instrumentos que faciliten comprender o comportamento e as relacións temperás do neonato.

CONTIDOS:
  • Historia da neonatoloxía.
  • Contexto dunha unidade neonatal.
  • Coidados centrados no desenvolvemento.
  • Actuacións dende o papel do traballador ou traballadora social.
  • Actuacións dirixidas ás familias desde o ámbito da Psicomotricidade.
  • A importancia da interdisciplinariedade e da transdisciplinaridade.
  • A escala NBAS de T.B. Brazelton e NBO de K. Nugent.
  • Identificación de alteracións visuais en nenas e nenos prematuros e neonatos a término.
  • Avaliación das funcións visuais.
  • Coñecementos sobre o bebé cego, de baixa visión e o déficit visual cerebral.

Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública. 
Santiago de Compostela
Sábado 26 de novembro de 2016
PROGRAMA
Mañá
9:30-10:30  A Unidade Neonatal.
Balado Insunza.
Pediatra. Xefa do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 10:30-11:30  Coidados Centrados no Desenvolvemento.
María Jesús Fernández Cotado.
Enfermeira na Unidade de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 11:30-12:00 Pausa – Café
 12:00-12:30 O Traballo Social e a Atención Temperá.
Mª Xosé Vázquez Vázquez.
Traballadora Social do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 12:30-13:00 Acompañamento dende o ámbito da Psicomotricidad. Tecendo fíos afectivos.
Ana Belén Fernández Blanco.
Psicomotricista. Unidade de Atención Temperá do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 13:00-14:00 A Interdisciplinaridade entre Neonatoloxía e Atención Temperá. A familia.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.
Coordinadora Atención Temperá de Programas Internacionais da Fundación Ramón Martí Bonet contra a Cegueira e Fundación Vicente Ferrer na India.
 Tarde
:00–17:45 As capacidades do neonato. A Escala NBAS de T.B. Brazelton e NBO de K. Nugent
                  Identificación dunha alteración visual en nenas e nenos prematuros, e neonatos a término.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.

17:45-18:00 Descanso
18:00–20:00 Avaliación das funcións visuais.
                   O bebé cego, de baixa visión e o déficit visual cerebral.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e país.
INSCRICIÓN
  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: 
http://www.atenciontemprana.com 

  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo 

  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. 

  • No renglón de “asunto” escribir “Inscrición Curso O NEONATO E A HUMANIZACION DO SEU CONTORNO”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”. 

  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da solicitude. 

  • Posteriormente, un correo de “AGAT formación” (formacion@atenciontemprana.com) confirmarádevos a recepción da solicitude e informarádevos, por rigurosa orde de chegada, de que para formalizar a matrícula hai que ingresar a cota correspondente na conta:
                               C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
  • A admisión ao curso será efectiva cando recibadess outro correo de “AGAT formación” confirmando o ingreso da cota de inscrición na conta da AGAT.

 COTAS:

 Ata o día 12 de novembro:
  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 60 € 
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 110 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 90 €

Despois  do día 12 de novembro:
  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 80 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 110 €

 INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
agat@atenciontemprana.com
Tfno. 698 124 611
PRAZAS LIMITADAS.
 UBICACIÓN:
 Escola Galega da Administración Pública (EGAP)
Rúa de Madrid 2-4. FONTIÑAS – Santiago de Compostela.
Declaración de interese sanitario: en trámite

jueves, 15 de septiembre de 2016

ENCONTRO
"Centros e Servizos de Atención Temperá"
10 DE SETEMBRO 2016
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Salón de Actos da (EGAP) Escola Galega de Administración Pública

Mellorar a calidade dos servizos - Revisar procedementos - Dignificar o exercicio profesional

O sábado 10 de setembro celebrouse en Santiago o Encontro de "Centros e Servizos de Atención Temperá". Uns 50 profesionais adicados ao trabajo con nenos e nenas con dificultades, de 0 a 6 anos participaron no evento.
Inaugurou o encontro a Presidenta da AGAT, Teresa Busto, acompañada polo Vicepresidente da FEGAMP, Manuel Mirás.

A Presidente da AGAT e o Vicepresidente da FEGAMP
A atención das persoas participantes no "Encontro de AT"
Teresa Busto e Manuel Mirás
A continuación Miguel Ángel Rupert, xerente da UCCAP-ACAP (Unión Catalana de Centros de Atención Precoz-Asociación Catalana de Atención Precoz) expuxo o modelo de organización da Atención Temperá en Cataluña.
Miguel Ángel Rupert presentado por Ana Fernández Blanco, vocal da AGAT
Miguel Ángel Rupert


Despois do café interviron as relatoras Elvira Martínez, da UAI de Avilés, Pilar López Pisón, do CDIAT El Portillo-Delicias de Zaragoza e Julia Molinuevo, do CAT Asprodico de Madrid, comentando as súas experiencias e o funcionamento dos Servizos de AT en Asturias, Aragón e na comunidade de Madrid, respectivamente.

De esquerda a dereita, Pilar López Pisón, Elvira Martínez e Julia Molinuevo
Presentación das relatoras pola vocal da AGAT, Patricia Míguez










As ponencias versaron sobre como mellorar a calidade dos servizos de Atención Temperá, revisións dos procedementos utilizados e disertouse sobre como dignificar o exercicio profesional.

A pregunta era "Que podemos cambiar? Hai algo que cambiar?"




Cada exposición foi seguida por un coloquio no que participaron as persoas asistentes ao encontro.



Para rematar, presentouse a memoria do traballo realizado polas UDIAFs (Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio ás Familias) de Galicia (Deza, Salnés e Bergantiños).
Jaime Ponte e Gema Martínez


Jaime Ponte, coordinador das UDIAFs abriu a ponencia e Gema Martínez, coordinadora da UDIAF do Salnés, primeira en crearse, rematou a charla expoñendo os resultados obtidos nos últimos 6 anos.

A coordinadora da UDIAF do Salnés e o coordinador das UDIAFs
Agradecemento de Gema Martínez a Jaime Ponte, polas UDIAFs



viernes, 10 de junio de 2016

Encontro de AT

ENCONTRO
"Centros e Servizos de Atención Temperá"
10 DE SETEMBRO 2016
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Salón de Actos da (EGAP) Escola Galega de Administración Pública

Mellorar a calidade dos servizos - Revisar procedementos - Dignificar o exercicio profesional

PROGRAMA:
9.00 9.15 APERTURA DO ENCONTRO.
9.15
10.15 CONFERENCIA: A REDE DE ATENCIÓN PRECOZ DE CATALUÑA
ACREDITACIÓN DE CENTROS. CONVENIO COLECTIVO E CARREIRA PROFESIONAL.
MIQUEL ANGEL RUBERT, XERENTE ACAP-UCCAP
10.15-11.00 COLOQUIO
11.30 12.45 ENCONTRO: PROCEDEMENTOS NOS CENTROS DE A T. ¿QUÉ QUEREMOS CAMBIAR
ELVIRA MARTINEZ. UAIT.AVILÉSPILAR LÓPEZ. CDIAT EL PORTILLO-DELICIASZARAGOZA
JULIA MOLINUEVO. CAT ASPRODICOMADRID
12.45 13.15 COLOQUIO
13.15 13.45 PRESENTACIÓN DO LIBRO: UDIAFS. SERVIZOS COMUNITARIOS DE AT
EQUIPOS UNIDADES DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR
13.45 - 14.00 COLOQUIO
14.00 CLAUSURA
14.30 
XANTAR CAMPESTRE (LUGAR POR DETERMINAR)

INSCRICIÓN:

Cubrir o formulario da páxina principal da web da AGAT
http://www.atenciontemprana.com/contacto
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo. No apartado “email” poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “asunto” escribide "inscrición encontro". Si sodes socios/as poñédeo no apartado de “mensaxe”. Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
Recibiredes confirmación da admisión da vosa solicitude, por rigorosa orde de chegada, dende o correo electrónico do encontro: atenciontemprana@atenciontemprana.com
a continuación hai que formalizar a matrícula na C/C da AGAT
A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na C/C da AGAT No de conta:

IBAN ES07 2080 0553 5030 40005038 ABANCA 

Cotas
  - Cota de inscrición socios/as AGAT: 20 €
  - Cota de inscrición de non socios/as: 25
Información complementaria:
atenciontemprana@atenciontemprana.com
Tfno. 698164211 
http://www.atenciontemprana.com 

domingo, 5 de junio de 2016

Curso PM enAT 2016

“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da

 Psicomotricidade en Atención Temperá”  

   7-14 e 28 maio 2016

O sábado 28 de maio rematou a 5ª edición do curso de Psicomotricidade en Atención Temperá impartido por Xoana Balado.
Esta última sesión foi teórica e consistiui na reflexión das experiencias vividas dende a perspectiva da súa fundamentación teórica e no comentario e análise de casos prácticos.

Xoana Balado comentando casos prácticos
As participantes, atentas toman notas

As aportacións de Xoana levan a reflexión do vivido
Todas quieren un trozo de papel
Tiñan ganas de bailar e expresar as súas emocións da experiencia do momento
Xoana pensa: "Ay cando vos pillen..."
Os "lobos" van en busca dos "cordeiros" agochados nos seus refúgios
Agora toca representarse. Como somos no papel? Coincide coa imane que temos de nos mesmas??

Cada quen se debuxa o máis guapa posible!!!


lunes, 9 de mayo de 2016

Curso PM en AT 2016

“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da

 Psicomotricidade en Atención Temperá”  

   7-14 e 28 maio 2016

Este sábado 7 de maio comezou a 5ª edición do curso de Psicomotricidade en Atención Temperá organizado pola AGAT e impartido por Xoana Balado.
A sesión da mañá iniciales coas presentación, logo viñeron os saúdos e o quecemento, logo vivenciouse o espazo e tomouse conciencia do propio territorio e compartiuse o alleo.
Pola tardiña recuperaronse as sensación plantares, sen utilizar a vista e coa axuda da parella que se formou antes e coa que xa xurdiron certos lazos de amizade.

Tamén exploranse as sensacións auditivas e as táctis 
Xoana lles fai cóxegas cun plumeiro
Agora as "cegas" fan de "lazarillos"
Xoana observa que todas están a facelo ben
Reflexión sobre as experiencias do día
Para rematar relaxación arredor da "construcción" que simboliza esta primeira sesión