lunes, 12 de octubre de 2015

CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERA

 AS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN PRIMEIRA INFANCIA 
Declarado de interese sanitario 
O venres 2 e o sábado 3 de outubro de 2015 tivo lugar no Salón de Actos da EGAP en Santiago o curso sobre "Dificultades de alimentación na primeira infancia".
O acto foi inaugurado pola Presidenta da AGAT, Teresa Busto, que presentou ás relatoras.




Consuelo Pedrón Giner
• Doutora en Medicina e Cirurxía. Especialista en Pediatría. Médica Adxunta. Servizo de Pediatría. Sección de Gastroenteroloxía e Nutrición. 

Beatriz Sanz Herrero 



• Licenciada en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Psicóloga Clínica Adxunta. Servizo de Psiquiatría e Psicoloxía.  

Paquita González González
• Diplomada en Profesorado de EXB e Especialista en perturbacións da Audición e da Linguaxe. Logopeda en Atención Temperá. Servizo de Rehabilitación. (Á derrita da imaxe)

As tres profesionais traballan xuntas no Hospital do Neno Xesús, en Madrid, desde fai máis de 10 anos, colaborando mutuamente e aportando cada unha delas as súas propias experiencias e o seu ben facer.


As relatoras falaron das diferentes dificultades de alimentación que poden presentar os nenos e nenas de 0 a 6 anos e das causas que as poden producir. 
Así mesmo deron unhas orientacións prácticas a ter en conta nas actuacións con estés nenos e nenas, como por exemplo prantexar grandes obxectivos pero acadalos mediante a consecución de pequenas metas



O sábado adicouse á presentación e comentarios sobre diferentes casos clínicos. A consigna para a mellor intervención é "pensar antes de actuar".


As persoas asistentes ao curso amosaron moito interese e participaron activamente realizando preguntas e comentando os seus casos particulares vencellados aos presentados polas relatoras, que aclararon as súas dúbidas en todo momento.




Como colofón a este curso comentar a disponibilidade das relatoras para solventar futuras dúvidas e inquedanzas relacionadas cos problemas de alimentación infantil e salientar sobre todo a gran calidade humana de Consuelo, Beatriz e Paquita.
Moitas grazas!!!