miércoles, 27 de mayo de 2015

CURSO PM en AT 2015

“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá”    (4ª edición)

9, 23 e 30 de maio de 2015

XOANA BALADO

O sábado 23 de maio continuou a 4ª edición do curso de formación sobre Psicomotricidade en Atención Temperá.
Estas imaxes amosan as experiencias vividas nesa segunda xornada.

Imprimir movemento a un obxecto
                 
Desplazar un obxecto
Desplazarse cun obxecto
 
                                                                                                                                                                               


Encontrar formas de representación gráfica -cores, formas, texturas- para o esquema corporal sentido e apercibido

                                                                  
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                         





    


Explorar e practicar as relacións de colaboración, de resistencia, de oposición e derivadas,  por medio dunha tela.




Os espazos-niño.
As formas e tempos de regulación actividade/descanso.
O ben merecido descanso en grupo,  permite que as sensacións, as percepcións, as experiencias apousen e se integren.






Lonxe-perto
Os ritmos que acordamos en parella, permiten soster a relación na distancia.
Así os patróns rítmicos que xeneramos  e establecemos como xogo cos bebes sustentan a exploración das distancias de relación.

jueves, 14 de mayo de 2015

CURSO PM EN AT 2015


“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá”    (4ª edición)

9, 23 e 30 de maio de 2015

XOANA BALADO

O sábado 9 de maio comezou a 4ª edición do curso de formación sobre Psicomotricidade en Atención Temperá.
Máis pronto que outras veces o clima do curso acadou un alto grao de "Afectividade".
Para mostra estas primeiras imaxes que poden servir para lembrar as experiencias vividas.
Presentación das participantes á 4ª edición do curso de PM en AT
Xoana Balado inaugurando o curso e introducindo ao grupo na súa temática
Calentando motores - "Todas a una"
"Todas a una" en pequenos grupos
Ocupando o noso "territorio"
Buscando e intercambiando outros territorios
Aproveitando ao máximo os derradeiros territorios
Saúdos










Saúdos "agarimosos"
Ocupando o maior espazo posible
Ocupando o mínimo espazo
Paseando o "bebé-coxín"
Despois de tantas vivencias hai que descansar...
Representando as "vivencias"
Comentando as experiencias da mañá
Cegas e "Lazarillas"











Comentando como é ser guía e como te sintes ao ser guiada
"Lazarillas" agora cegas e cegas facendo de "Lazarillas"
A pesar do cansancio, xogando co "obxecto"
Construindo entre todas cos "obxectos"
Construindo entre todas con todos os "obxectos" e materiais utilizados
Coa "procesión" se produce a relaxación
Un "souvenir" do grupo do curso "PM en AT 2015"

Esperamos con ilusión e curiosidade que chegue o vindeiro sábado 23 para coñecer os comentarios das participantes sobre as experiencias vividas nesta primeira e intensa xornada. 

martes, 5 de mayo de 2015

CURSO "AS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA"


CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERA

 AS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA 
2 e 3 de Outubro de 2015




 Na primeira infancia, as dificultades na alimentación son moi frecuentes tanto en nenos e nenas sans como naqueles con distintos tipos de enfermidades. Moitas delas obedecen ao proceso de maduración e desenvolvemento do neno ou da nena e resólvense espontaneamente co tempo. Noutros casos, estas mesmas dificultades son vividas con gran preocupación por parte das familias. Coa detección e intervención precoz moitos destes problemas resólvense con facilidade. Pero cando os síntomas son ignorados ou minusvalorados poden cronificarse e dar lugar a trastornos moito máis difíciles de tratar. 



Consuelo Pedrón Giner 
Doutora en Medicina e Cirurxía. Especialista en Pediatría. Médica Adxunta. Servizo de Pediatría. Sección de Gastroenteroloxía e Nutrición. 

Beatriz Sanz Herrero 
Licenciada en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Psicóloga Clínica Adxunta. Servizo de Psiquiatría e Psicoloxía. 

Francisca González González. 
Diplomada en Profesorado de EXB e Especialista en perturbacións da Audición e da Linguaxe. Logopeda en Atención Temperá. Servizo de Rehabilitación. 

PROGRAMA 
OBXECTIVOS 
Aportar unha experiencia interdisciplinaria de abordaxe integral das dificultades de alimentación na nena e no neno pequenos. 
Coñecer a tipoloxía de problemas máis frecuentes, os procedementos de avaliación e tratamento individualizado en función das necesidades do neno ou da nena e da súa familia. 
Expoñer e discutir casos clínicos representativos e o seu seguimento en colaboración coa familia e as educadoras e educadores das escolas infantís.
CONTIDOS 

I.- TRATAMENTO DAS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA. 
Criterios diagnósticos e tratamento médico 
O papel da alimentación no desenvolvemento do neno e da nena 
Compartir a culler 
CASOS CLINICOS 
II.- DA SONDA Á CULLER.A ALIMENTACIÓN NO NENO E NA NENA CON SOPORTE ARTIFICIAL 
Tratamento multidisciplinar 
CASOS CLÍNICOS 

TEMPORIZACIÓN 
7 HORAS, 2 sesións de traballo, de tarde 3 HORAS, e de mañá 4 HORAS 

DATAS 
Días: venres 2 e sábado 3 de Outubro de 2015. 
Horario: Venres tarde, de 17 a 20. Sábado mañá, de 10 a 14 

LUGAR 
Santiago de Compostela, por determinar.

PRAZAS LIMITADAS 

INSCRICIÓN 
Cubrir o formulario da páxina principal da web da AGAT 
http://www.atenciontemprana.com/contacto 
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo. No apartado “email” poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “asunto” escribide "inscrición curso alimentación". Si sodes socios/as poñédeo no apartado de “mensaxe”. Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”
Recibiredes confirmación da admisión da vosa solicitude, por rigurosa orde de chegada, 
dende a vocalía de AGAT Formación; 
a continuacion hai que formalizar a matrícula na C/C da AGAT 
IBAN: ES0720800553503040005038

Cotas 
Ata o 1 de setembro 
Cota de inscrición socios/as AGAT: 
35 € 
Cota de inscrición de non socios/as: 
60 € 
Cota especial de inscrición + Asociación AGAT : 
75 € 
Despois do 1 de setembro 
Cota de inscrición socios/as AGAT: 
50 € 
Cota de inscrición de non socios/as: 
80 € 
Cota especial de inscripción + Asociación AGAT : 
100 € 
Información complementaria: 
formacion@atenciontemprana.com; 
Tfno 698164211 

Declaración de interese sanitario en trámite