viernes, 30 de agosto de 2013

CURSO "INTERVENCIÓN FAMILIAR EN ATENCIÓN TEMPERÁ"


INTERVENCIÓN  FAMILIAR
EN ATENCIÓN TEMPERÁ
5 OUtubrO 2013
EGAP- Escola GALEGA ADMINISTRACIÓN PUBLICA
Polígono de Fontiñas Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela

Sonsoles Perpiñán Guerras


Psicóloga e Directora do Equipo de
Atención Temperá de Ávila.
Consejería de Educación.
Junta de Castilla y León

Documentos de referencia:
-       Atención temprana y familia. Madrid.Narcea Ediciones 2009
-       La salud emocional en la infancia. Madrid. Narcea Ediciones 2013


OBXECTIVOS:

-       Comprender as implicacións que ten o feito de ter un fillo ou filla con trastornos do desenvolvemento sobre o sistema familiar.
-       Coñecer en profundidade o sistema familiar, as súas características e necesidades.
-       Coñecer distintos modelos de intervención coas familias.
-       Incorporar elementos das distintas teorías psicolóxicas na tarefa directa coas familias.
-       Definir o papel da e do profesional na relación coas familias.
-       Favorecer a creación de contornas familiares competentes.
-       Modelar estratexias e técnicas concretas para traballar coas nais e cos pais.
-       Reflexionar sobre as actitudes das e dos profesionais e a súa incidencia na tarefa de asesorar e acompañar ás familias.


PROGRAMA:

Sábado 5 Outubro. Mañá




Contidos
Metodoloxía
10 - 10,30
1.- Marco conceptual.
1.1.- Achegas de distintas teorías á Intervención familiar
1.2.- Modelos de intervención familiar en Atención Temperá.
1.3.- Modelo Contornas competentes
Exposición teórica
10,30 - 11,30
2.- O sistema familiar.
2.1.- Características e necesidades.
2.2.- A familia e o trastorno do desenvolvemento. 
Obradoiro 1: Cambios que se producen na familia.
Debate
Exposición teórica

11,30 - 12
Descanso

12 - 14
2.3.- Os irmáns e as irmás de nenas e nenos con trastornos do desenvolvemento.
2.4.- O papel das avoas e dos avós.

Exposición teórica
Sábado 5 Outubro. Tarde



16 - 18,30

3.- Metodoloxía
3.1.- Obxectivos. 
3.2.- Contidos.
3.3.- Estratexias.

Obradoiro 2: Estratexias de actuación
Debate
Exposición teórica
18,30 - 19
Descanso

19 - 20
4.- Programas de Intervención familiar.
4.1.- Programas de acollida.
4.2.- Programas de seguimento.
4.3.- Programas grupais.

5.- As actitudes da e do profesional.

Exposición teórica


PRAZAS
30


Inscricións:

Cubrir o formulario da páxina web de AGAT http://www.atenciontemprana.com
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo e no apartado email poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “comentarios” e no renglón de “asunto do mensaxe” escribir "inscrición curso intervención familiar” e finalmente premer (pinchar) no botón Enviar. A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 (NovaGaliciaBanco)

Cota inscrición socias/os AGAT: 40 € 
Cota inscrición non socias/os: 60 €
Cota especial inscrición + Asociación AGAT: 70 €

Información complementaria: 
formacion@atenciontemprana.com
Tfno 691448981